Os centros educativos de Pontevedra e O Salnés suman 37 positivos por Covid-19
Por Natalia Puga
Os colexios, institutos e garderías da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés suman xa este xoves un total de 37 positivos por Covid-19 entre alumnado e traballadores, seis máis que os 31 rexistrados o día anterior.
Segundo as cifras oficiais facilitadas pola Consellería de Sanidade, a pesar de que hai seis positivos máis, hai menos aulas afectados, pois este xoves está decretado o peche de 11 mentres que este mércores había 12. En concreto, esta circunstancia está motivada porque xa non hai ningunha aula en corentena no CPR San Francisco de Vilagarcía de Arousa, onde 24 horas antes decretouse un peche.
Este xoves hai dúas aulas pechadas no colexio no CPR Calasancio e o CEIP Barcelos de Pontevedra e teñen decretada a corentena nunha aula nas escolas infantís Casa do Mar de Marín, A Parda de Pontevedra, Vilaboa e Tenorio, en Cerdedo-Cotobade; e nos colexios de infantil e primaria CPR Sagrado Corazón dos Praceres en Pontevedra e CEIP Magaláns-Dorrón e CEIP Plurilingüe Cruceiro de Sanxenxo.
En canto ao número total de positivos, nas escolas infantís hai un en Dalila de Marín, un en casa do Mar de Marín, un no Sek Atlántico de Pontevedra, dous na Parda de Pontevedra, un en Vilaboa e outro en Cotobade-Tenorio.
No resto dos centros de ensino non universitario hai un no IES da Cañiza, tres no CEIP Amor Ruibal de Barro, un no CPI Alfonso VII de Caldas, un no CEIP Tenorio de Cerdedo-Cotobade, un no CPR Plurilingüe A Inmaculada de Marín, un no CPI Mosteiro de Meis e un no CPR San Francisco de Vilagarcía.
Os colexios de Pontevedra e Sanxenxo son os máis afectados. En concreto, en Sanxenxo hai un en cada un dos tres centros afectados: CEIP de Noalla-Telleiro, CEIP Magaláns-Dorrón e CEIP Plurilingüe Cruceiro, este último cunha aula pechada.
En Pontevedra, o CPR Calasancio é o máis afectado. O centro permaneceu pechado a semana pasada e desde este luns afrontou xa a apertura gradual, pero mantén dúas aulas pechadas e suma 6 positivos.
Tamén hai tres positivos en Barcelos, que ten dúas aulas pechadas; dous no IES A Xunqueira 1; e outros dous no CEIP A Xunqueira 1.
No resto de centros afectados hai un positivo por cada un. Trátase do CPR Sagrado Corazón dos Praceres, CEIP de Marcón, IES Frei Martín Sarmiento, CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez e CEIP de Cabanas.
Relacionadas:
-
Sete aulas de centros escolares permanecen pechadas por COVID na área sanitaria
Por Redacción |
-
Continúa o avance de positivos na área sanitaria, que sumou 36 novos brotes desde que hai restricións
Por Natalia Puga |
-
A demanda de recuperar a aula de 4º curso no CEIP Barcelos chega ao Parlamento galego
Por Redacción |
-
Hai 31 casos de coronavirus en centros educativos de Pontevedra e a súa área
Por Oskar Viéitez |
-
Ata 16 centros educativos na área sanitaria rexistraron polo momento algún caso de COVID
Por Diego Espiño |