Un metrominuto para ciclistas, nova aposta do Concello
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra está a traballar na elaboración dun plano para ciclistas que indica as distancias entre un punto e outro da bisbarra e o tempo que se tarda en percorrelas. A idea segue o exemplo do premiado Metrominuto.
Nunha primeira fase elixíronse un total de once rutas para acceder á cidade en bicicleta.
Tomando como orixe a praza da Peregrina faise unha estimación de tempo das rutas que discorren a lugares coma Sanxenxo, ao campo de golf (Meis), San Antoniño (Barro), ou Pontillón, o Centro de arte rupestre (Campo Lameiro), o centro urbán de Ponte Caldelas, Arcade (Soutomaior), Figueirido (Vilaboa) ou o porto de Bueu.
Segundo fontes municipais, o primeiro paso foi elixir o percorrido máis axeitado de entre todas as alternativas posibles, para isto aplicáronse criterios de funcionalidade, seguridade, confortabilidade e tamén se pensou no atractivo da ruta elixida.
Nestes momentos estase a traballar na medición dos tempos, para o que se están a empregar dous modelos diferentes de bici.
O espírito desta iniciativa tenta potenciar este tipo de mobilidade para que se converta no segundo medio de transporte despois dos pés, aclarando que non se trata dunha mera fórmula deportiva, senón da articulación dunha verdadeira alternativa ao coche.
O plano do Metrominuto converteuse nunha fórmula de éxito que triunfa dentro e fóra das nosas fronteiras. Cidades como París, Florencia ou Londres copiaron a idea do concello pontevedrés. E en España multitude de municipios fixeron súa esta proposta.
Relacionadas:
-
A Coruña copia o Metrominuto de Pontevedra
Por Redacción |
-
O pasominuto e as 10.000 zancadas por Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra contrastará o seu modelo peonil co de Munich, Goteborg e Sidney
Por Alejandro Espiño |
-
París 'copia' o Metrominuto e tratará de adaptalo para fomentar a súa mobilidade peonil
Por Alejandro Espiño |
-
"Pontevedra é unha gran cidade e toda Europa debería aprender dela"
Por Alejandro Espiño |