O sindicato Co.Bas pide o cese inmediato de todo o equipo directivo do Complexo Hospitalario de Pontevedra
Por Redacción
Rafael Vázquez, representante do sindicato Comisións de Base (Co.Bas), esixe o inmediato cesamento de todo o equipo directivo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP) para que se substitúa por un novo.
Alerta de que a actual Xerencia parece estar a facer tempo, grazas aos contratos de alta dirección "blindados", á espera de que os destitúan coa debida indemnización ou o traslado a outro posto para continuar co contrato "blindado".
Desde este sindicato lamentan que o novo conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña aínda manteña ao equipo que dirixe José Ramón Gómez a pesar de mostrar a súa ineficacia no control da pandemia e da grave afectación que se rexistra entre o persoal sanitario, co brote de casos positivos detectados no servizo de Oncoloxía.
Vázquez lembra que alertaron hai catro meses da falta de adopción de medidas adecuadas para conter a pandemia no medio sanitario e cren, a falta de datos oficiais, que xa se superou o número de 300 contaxios entre profesionais sanitarios da área sanitaria de Pontevedra.
Denuncian que a dirección continúa negandose a revisar os protocolos de actuación e a que se implante o uso obrigatorio de máscaras FFP2, primeiro método de protección individual que, entenden, debe empregarse entre os profesionais sanitarios.
Acusan a esta Xerencia de ocultar os problemas, marxinar aos profesionais e representantes laborais críticos, boicotear á xunta de persoal e ao comité de seguridade e saúde. Neste sentido, desde Co.Bas tamén critican a sindicatos como CIG, UXT, CC.OO., CSIF e SATSE, que contan con maioría na xunta de persoal ao "colaborar, claudicando, ante a Xerencia".
Relacionadas:
-
Lucerío para seguir reclamando o cesamento da xerencia da área Sanitaria e unha adecuada protección do persoal
Por Marisa Ciordia |
-
Unha muller de 60 anos, nova vítima da covid-19 no Complexo Hospitalario de Pontevedra
Por Redacción |
-
Vinte e tres afectados en Oncoloxía do Provincial, un dos 32 gromos activos na área sanitaria
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
A covid-19 enche os hospitais de Pontevedra: hai 39 hospitalizados, seis deles na UCI
Por Alejandro Espiño |
-
Sanidade di que a covid-19 en Pontevedra e Poio "non está controlada" e ve "certa melloría" en Marín
Por Alejandro Espiño |
-
Nova concentración nos hospitais de Pontevedra ao berro de "xerente dimisión" ante o temor da privatización de Mantemento
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Numerosa manifestación de profesionais do sector sanitario pedindo a dimisión da xerencia dos hospitais de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Redacción |