Continúan en ascenso o número de casos activos na comarca de Pontevedra
Por Redacción
Pontevedra e Poio continúan situados no nivel máximo de alerta por contaxios que establece a Consellería de Sanidade dentro do 'semáforo covid', que reflicte os novos casos detectados a través do sistema de probas PCR.
Segundo os datos ofrecidos polo goberno municipal de Pontevedra, o número de casos activos no municipio sitúase en 211 casos, 21 máis que na xornada do mércores despois das últimas probas.
No caso do municipio de Poio, os pacientes coa infección activa neste xoves é de 43, dous máis que durante o mércores, segundo os datos que a Xerencia da área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés.
Pola súa banda en Vilagarcía de Arousa, outro dos municipios que se atopa en nivel de alerta 3 na área sanitaria, a cifra ascende a 62, tres casos máis durante as últimas 24 horas. Nestes concellos, as medidas para a cidadanía seguirán sendo as restriciós anunciadas este mércores pola Xunta para toda Galicia.
Marín, segundo os datos ofrecidos polo goberno local, sitúa a cifra en 34 casos activos, dous máis que durante a xornada anterior.
Pola súa banda o Concello de Sanxenxo reflicte 17 casos activos, un menos que na xornada do mércores.
En Cambados rexistrouse tamén un descenso situándose en 18 o número de casos activos, tres menos que hai 24 horas.
Pola súa banda, Vilanova de Arousa sinala que non se produciu ningún novo contaxio durante as últimas 24 horas, o número de casos en activo baixa a 30 tras rexistrarse unha alta médica. En nivel mantense en laranxa, a pesar de baixar o número de contagios diarios. Segundo os datos que manexa este Concello tras as informacións facilitadas polo SERGAS nesta área detéctanse 19 casos positivos por cada 100.000 habitantes.
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, mantén que no seu municipio exiten máis de 30 positivos e ao redor dun centenar de persoas confirnadas nos seus domicilios pante o alto nivel de transmisión que se detecta nesta zona.
O resto dos municipios da área sanitaria mantéñense no nivel de alerta 0 (verde), tras terse detectado menos de sete positivos en covid-19 nos últimos sete días.
Relacionadas:
-
A área sanitaria roza os 600 casos activos tras unha xornada con 59 novos positivos
Por Natalia Puga |
-
Unha muller de 60 anos, nova vítima da covid-19 no Complexo Hospitalario de Pontevedra
Por Redacción |
-
Lores, contra a falta de información sobre a covid-19: “se a xente sabe como está a situación, tomará máis en serio as medidas”
Por Natalia Puga |
-
Farán probas PCR a todos os pacientes e o persoal do Provincial tras o gromo en Oncoloxía
Por Alejandro Espiño |
-
Seguen subindo os positivos por Covid no Cisne, con 6 contaxiados e aínda 8 probas por realizar
Por Redacción |
-
A covid-19 enche os hospitais de Pontevedra: hai 39 hospitalizados, seis deles na UCI
Por Alejandro Espiño |