O circuíto de educación viaria do colexio A Florida, entre os finalistas dos premios 'Ponle Freno'
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Colexio da Florida, en Sanxenxo, coouse entre os finalistas dos premios nacionais 'Ponle Freno' de seguridade viaria, que promove o grupo Atresmedia.
En concreto fíxoo co circuíto de seguridade viaria do Poli Paco, iniciativa impulsada polos axentes do departamento de educación viaria da Policía Local de Sanxenxo, Abelardo Martínez e Manuel Martínez, no patio de entrada do centro.
"É un orgullo que Sanxenxo estea na elite de educación viaria a nivel nacional. Quedar como finalistas na categoría junior de Ponle Freno é xa de seu un premio", asegura Abelardo Martínez.
Con este circuíto, explican, búscase ensinar de forma lúdica as normas de seguridade viaria, incluíndo pictogramas para facelo máis atractivo para nenos con TDH e comprensible para os máis pequenos que aínda non saben ler.
"Desde un primeiro momento tanto o director Pedro Padín como a profesora Olga Santos mostráronse interesados pola idea e involucráronse para que puidese ser unha realidade", sinala Martínez.
Ademais de semáforos, glorietas e pasos de peóns, o circuíto conta tamén con illotes que levan o nome das sete parroquias de Sanxenxo, orientadas segundo os puntos cardinales.