O campus conta xa co seu propio embarcadeiro ao río Lérez
Por Oskar Viéitez
Xa está en funcionamento o novo embarcadeiro ao río Lérez do campus de Pontevedra que dá servizo ás materias relacionadas con deportes náuticos que se imparten na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Pero tamén é unha instalación destinada ao desfrute do conxunto da cidadanía.
A Vicerreitoría do campus acometeu as obras a comezos de ano, mais esta actuación completouse poucos días antes de que se decretase o estado de alarma o que, sumado á suspensión da actividade docente presencial, impediu que o embarcadoiro se puxese en funcionamento ata comezos do presente curso.
Foi tamén nestas semanas cando a este equipamento se lle sumou a instalación, a carón de Ciencias da Educación e do Deporte dun pañol para gardar embarcacións.
O vicerreitor do campus, Jorge Soto, tras unha visita a esta instalación, xunto co director da Área de Infraestruturas do campus, José María Cancela sinalou que o emprazamento do embarcadoiro fronte a praia fluvial, fai que esta instalación "poida tamén resultar de utilidade nalgún momento de producirse unha emerxencia".
Relacionadas:
-
A boa calidade da auga da praia fluvial de Monte Porreiro volve situala no censo de zonas de baño de Galicia
Por Redacción |
-
Educación reformará o IES Torrente Ballester para mellorar a súa ventilación
Por Redacción |
-
A Universidade propón instalar un embarcadoiro na Xunqueira para deportes náuticos
Por Redacción |