Xunta e Deputación aproban un orzamento de 3.8 millóns para o Consorcio contra Incendios e Salvamento
Por Redacción
O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Pontevedra, que integran a Xunta e a Deputación, aprobou este martes nunha sesión plenaria celebrada de forma telemática o orzamento para próximo ano 2021 que será de 3,8 millóns de euros.
Con respecto ao 2020, os fondos destinados a este organismo increméntanse en 39.600 euros, o que supón unha subida do 1,04 %. Ambas as institucións, que achegan cada unha o 50 % do orzamento, confían en que as cantidades sexan suficientes apra cubrir todas as necesidades do Consorcio.
A sesión, que estivo dirixida pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, e contou coa presenza do novo director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva; serviu tamén para dar conta da mellora de período medio de pago a provedores desta entidade, que baixa aos 12,7 días desde os 14,8 promediados durante o 2019. Ademais, tamén o partado de gastos incrementouse nun 1,52 % para cumprir coa homoxeneización salarial acordada. Aínda así, o Consorcio mantense con débeda cero.
Ademais do novo director xeral de Emerxencias, durante a sesión tamén tomaron posesión como novas representantes da Xunta as delegadas de Vigo e Pontevedra, Marta Fernández Tapias e Luísa Piñeiro."Estou encantada. Con máis mulleres ocupando espazos públicos de representación é como se dan pasos cara á igualdade", dixo a presidenta para dar a benvida ás novas vocais coas que se alcanza a paridade na directiva do Consorcio.
Relacionadas:
-
O servizo de extinción de incendios e salvamento pasará a ser de xestión directa o 1 de xuño
Por Redacción |
-
Unha comisión técnica supervisará o cambio de xestión dos parques comarcais de bombeiros
Por Redacción |
-
A Deputación presenta un orzamento de 161 millóns de euros
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
A Xunta e a Deputación incrementan o orzamento do consorcio provincial contra incendios
Por Redacción |