Os casos activos por covid-19 volven a repuntar nos municipios máis afectados
Por Alejandro Espiño
Os municipios con maior incidencia da covid-19, os que teñen activo o nivel de alerta 3 (vermello), volveron a experimentar un certo repunte nos contaxios. Así o acreditan os datos do Servizo Galego de Saúde para Pontevedra, Marín, Poio, Sanxenxo, Vilagarcía e Cambados.
Pontevedra ten 354 casos activos, catro máis que onte. Ademais, o goberno municipal indica que 1.314 persoas están en seguimento por ser contactos estreitos dos infectados.
Os pacientes con covid-19 en Marín, pola súa banda, tamén soben aínda que máis timidamente. Hai 97 casos, un máis que este luns. A eles súmanse os 243 contactos en seguimento. Con respecto a Poio, hai 69 contaxiados (tres máis) e outras 206 persoas en corentena.
Sanxenxo aumenta nun os seus casos activos por coronavirus e alcanza os 77. En Cambados hai tres contaxiados máis, ata un total de 70, e Vilagarcía alcanza as 73 persoas con covid-19, cinco máis que onte.
Outros tres municipios, O Grove, Ribadumia e Meis, están no nivel de alerta 2 (laranxa), ao que se incorpora Vilanova de Arousa, a pesar de reducir nun, ata os 25, os casos activos
A Lama, mentres tanto, sobe ao nivel de alerta 1 (amarelo), no que se atopan este martes Cuntis, Meaño, Bueu, Cerdedo-Cotobade e Soutomaior (39 casos activos, os mesmos que onte).
O nivel de alerta 0 (verde) está activo nos sete municipios restantes da área sanitaria, A Illa de Arousa, Vilaboa, Ponte Caldelas (20 casos activos e 55 persoas en seguimento), Barro, Portas, Campo Lameiro e Moraña. En todos eles detectáronse menos de sete contagios na última semana.
Relacionadas:
-
A área sanitaria crece ata os 1.254 casos activos tras detectar 88 contaxios nun día
Por Alejandro Espiño |
-
Ante o aumento de positivos, Sanxenxo pasa a estar pechada perimetralmente co Grove a partir do xoves 19
Por Redacción |
-
Sesenta e oito novos contaxios manteñen a Pontevedra só por detrás de Vigo e A Coruña en incidencia da covid-19
Por Alejandro Espiño |
-
Tímido descenso dos casos activos por covid-19 na práctica totalidade da área sanitaria
Por Alejandro Espiño |
-
Nove pacientes están na UCI nunha área sanitaria que reduce a 1.233 os casos activos
Por Alejandro Espiño |