Juan Manuel Rey celebra o seu aniversario 'de marfil' na alcaldía de Caldas de Reis
Por Redacción
Utilizando un símil nupcial, este martes 15 de decembro Juan Manuel Rey chega ás súas 'vodas de marfil' como alcalde do municipio de Caldas de Reis. Máis veterano aínda como integrante da Corporación, xa que tamén nunha data como esta, cumpre vinte e cinco anos.
O representante socialista realiza un balance satistactorio dos seus catorce anos como alcalde e por converter "neste tempo a Caldas nun municipio diferente e singular, tanto polos avances a nivel urbanístico e ambiental como pola nosa traxectoria a nivel social e cultural e polo impulso ao desenvolvemento turístico con eventos de tanto renome como o Cultura Quente ou o Festival Portamérica.
A pesar da complexidade do momento actual, para o rexedor "os últimos meses foron especialmente bos" pola inauguración da primeira Vía Verde de Galicia, a posta en marcha de "a mellor Escola Municipal de Música de Galicia", a reforma da Praza de Abastos, ou as subvencións e restauracións do ARI de Caldas, entre outros proxectos e accións aos que alude.
E en diante, Rey avanza con motivo deste aniversario que se contemplan renovacións de iluminación, continuar co saneamento do rural, a mellora da contorna do Bermaña e concluirán a actuación na área termal da Tafona.
Relacionadas:
-
Os parques infantís de Caldas buscan a certificación de seguridade
Por Redacción |
-
Caldas de Reis contará cun novo centro de fabricación avanzada de lácteos, promovido por Clesa e a Xunta
Por Redacción |
-
Case 290.000 euros van destinarse á primeira fase de saneamento de augas residuais en Paradela
Por Redacción |