Sanxenxo constata o incremento de obra de nova vivenda cun aumento do número de licenzas
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo, a través do seu departamento de Urbanismo, otorgou no que vai de ano un total de 20 novas licenzas para construción de vivenda unifamiliar, unha cifra superior á rexistrada no mesmo período do ano anterior na que se tramitaron 13, o que supón un 40% máis. A tendencia á obra nova vai en detrimento de os permisos concedidos para rehabilitación. Este ano tramitáronse 5 licenzas fronte ás 12 do 2019.
Sanxenxo tampouco é alleo á tendencia doutras cidades de converter os locais comerciais en vivenda. Durante este ano, o departamento municipal de Urbanismo autorizou un total de 9 cambios de uso deste tipo fronte aos 3 rexistrados no ano anterior. Os números mantéñense na petición de permisos de obras en estrutura, é dicir, cubertas ou tellados de vivenda, 5.
As licenzas para obra maior, é dicir, aquelas intervencións que modifican o conxunto estrutural dun edificio descenderon durante este exercicio cando se rexistraron 105, 55 menos que en 2019. Con todo, as comunicacións previas de obras, é dicir, os permisos para as reformas pequenas que non necesitan licenza de obra maior, aumentaron en 2020 con 551 tramitacións fronte ás 508 do ano pasado.
En ICIO (Imposto de Construcións, Instalacións e Obras) que supón as licenzas e habilitacións de obras correspondente a este ano 2020 suman un total de 574.628 euros, unha cifra moi similar á do ano anterior, que sumou un montante de 582.082 euros