Conclúe a obra de mellora enerxética no CEIP Xulio Camba de Vilanova de Arousa
Por Redacción
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou este xoves o CEIP Plurilingüe Xulio Camba de Vilanova de Arousa para comprobar a finalización das obras de rehabilitación integral do centro que supuxeron un investimento de 792.000 euros.
Acompañado polo alcalde Gonzalo Durán e a delegada da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro; o conselleiro avanzou que durante o 2021 o seu departamento vai seguir executando melloras deste tipo en centros educativos de todo o territorio. Para iso, os orzamentos da Xunta do 2021 contan cunha partida de 55,3 millóns de euros.
Os traballos no colexio vilanovés consistiron en mellorar a eficiencia enerxética. Para iso cambiaron a antiga cuberta por unha nova de panel sandwich e melloraron o illamento tanto do tellado como das fachadas. Ademais colocaron novas xanelas de aluminio, persianas con illante térmico, novas luminarias LED e equipos de regulación e detección. Os sistemas de calefacción, saneamento, fontanería e electricidade tamén se viron mellorados.
Para superar as barreiras arquitectónicas, instalouse un ascensor e un aseo adaptado.
Relacionadas:
-
A delegada territorial da Xunta mediará para que se realicen varias obras pendentes en Vilanova de Arousa
Por Redacción |
-
Comeza o segundo obradoiro dual de Vilanova de Arousa para formar persoas desempregadas
Por Redacción |
-
A Xunta compra sete parcelas en Baión para construír a planta de Sogama
Por Redacción |