O alcalde solicita un cribado masivo en Poio diante da situación de máxima alerta no municipio
Por Oskar Viéitez
Poio é un dos 60 concellos galegos en situación de máxima alerta polo que sufrirá as restricións máis duras, como o confinamento perimetral ou o peche ao consumo no interior dos locais de hostalería e a redución á metade do aforo das terrazas. Isto na práctica conlevará o peche de numerosas cafeterías.
A xerencia da área Sanitaria comunicou ao alcalde de Poio, Luciano Sobral que o número de casos activos no municipio é de 76, son 10 persoas contaxiadas máis que onte martes.
Dinte da mala evolución da pandemia no municipio o alcalde solicitará este xoves ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) que leve a cabo un cribado masivo entre a poboación de Poio. O alcalde cre que estes rastreos son unha "necesidade" para "detectar posibles cidadáns que poidan estar infectados sen sabelo", os denominados asintomáticos.
Luciano Sobral instou á cidadanía a que "cumpramos coas medidas" decretadas pola Xunta "sendo conscientes de que a situación empeorou moito" e insistiu en que a solución "pasa por nós mesmos".
O alcalde anunciou que o Concello de Poio está a estudar aplicar "algunha medida complementaria" ás do Goberno galego en canto á "utilización de espazos públicos" ou o peche dalgúns recintos como aqueles destinados a actividades deportivas.
"Agora toca replegarnos, protexernos e limitar as actividades que non sexan esenciais", dixo o alcalde de Poio apelando á "prudencia e responsabilidade" de todos para "ir saíndo desta situación. Sairemos mellor se somos cumpridores coas normas", asegurou Sobral.
Relacionadas:
-
Sanidade centrará no Vao o seu primeiro cribado masivo en Poio
Por Alejandro Espiño |
-
Citan para un cribado aos 191 veciños da parroquia cuntiense de Portela
Por Oskar Viéitez |
-
Poio estuda implementar medidas diante do incremento dos contaxios
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Cribados con PCR en seis concellos
Por Oskar Viéitez |
-
Incrementarán os controis policiais en Poio ante as novas restricións pola covid-19
Por Redacción |
-
Pontevedra vía "previsibles" as novas restricións tras as medidas adoptadas no Nadal
Por Alejandro Espiño |