Cerdedo-Cotobade recibe 120 correos da veciñanza con 250 propostas aos orzamentos municipais
Por Redacción
"Enorme satisfación" en Cerdedo-Cotobade tras recibir 120 correos con preto de 250 propostas veciñais para ser estudiadas e incorporadas aos orzamentos municipais para este ano 2021, tras o chamamento feito polo alcalde ante as restricións pola covid-19, que desaconsellan facer asembleas veciñais, como ata o de agora, para fomentar uns orzamentos participativos.
As propostas xiran en torno a actividades infantís, obras en distintos lugares e parroquias (as propostas máis abundantes) ou iniciativas culturais.
Jorge Cubela salientou que con esta iniciativa o Concello de Cerdedo-Cotobade "radicaliza a democracia participativa" como xeito de impulsar a gobernanza coa veciñanza e convencer á cidadanía que pola vía da súa implicación directa nos procesos de decisión política se fan "corresponsables" da xestión do seu concello.
O alcalde lembrou tamén que mantén a man tendida a incorporar propostas "serias e realistas" dos outros grupos municipais, como xa fixo no pasado orzamento, que permitiu a abstención na votación do BNG.
Neste sentido, tamén a agrupación socialista convida ao alcalde a convocar unha xunta de portavoces para falar das iniciativas presentadas.
Relacionadas:
-
Cerdedo-Cotobade inclúe no seu orzamento do Plan Concellos obras solicitadas pola cidadanía valoradas en medio millón
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade abre os orzamentos municipais á participación telemática da cidadanía
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG propón a Cubela negociar os orzamentos de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |