Moraña aportará cartos ao segundo plan de rescate da Xunta
Por Redacción
O alcalde de Moraña, José Cela, anunciou este xoves o apoio do Concello á proposta do segundo plan de rescate para autónomos, microempresas e hostaleiros cun financiamento multilateral entre o goberno galego, as deputacións e os municipios e garantiu que, se finalmente se chega a un acordo, Moraña realizará a aportación correspondente.
José Cela lembrou que o Concello de Moraña xa abriu, na pasada primavera coincidindo coa primeira vaga da covid-19, unha primeira liña de axudas para os comerciantes, autónomos e hostaleiros, "que se resolveu satisfactoriamente coa distribución de 60.000 euros para compensar os prexuízos derivados das medidas sanitarias ".
Por outra banda, o alcalde segue a manter un contacto diario co xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Ramón Gómez, para analizar os datos de incidencia da covid-19 en Moraña e para emprender un cribado xeral da poboación tan pronto como se chegue aos parámetros sanitarios establecidos polos técnicos do Sergas para a súa realización.
Finalmente, Cela insistiu en pedir moita responsabilidade e prudencia aos veciños.
Relacionadas:
-
Os populares censuran que a Deputación antepoña os seus "intereses partidistas" nas axudas aos hostaleiros
Por Redacción |
-
As deputacións achegarán o 1% das súas contas para rescatar a hostalería
Por Redacción |
-
O plan de axudas da Xunta "queda curto", segundo Carlos Font, que pide que "rectifiquen"
Por Redacción |