Colectivos de defensa dos presos denuncian recortes dos dereitos dos internos na Lama debido á covid
Por Redacción
Institucións Penais, dependente do Ministerio de Interior, comunicou nos últimos días novas recomendacións ás direccións dos centros penais con motivo dos protocolos para evitar contaxios entre a poboación recluída e o persoal laboral.
Entre estas medidas atópase a suspensión, polo menos durante 15 días das comunicacións e permisos de saída. A esta decisión súmase a suspensión temporal dos traslados non sanitarios, xudiciais ou os que sexan imprescindibles. Tamén propón aprazar ou suspender os permisos de saída e a suspensión da entrada do persoal de ONG para realización de actividades no centro
Entre outras cuestións, recoméndase a interrupción das saídas programadas e das saídas regulares ao exterior para internos de segundo grao.
Ante estas recomendacións aos máximos responsables dos centros sanitarios, os colectivos Abaixo os muros! e Ceivar de defensa das persoas internas nas prisións entenden que se están vulnerando os dereitos da poboación recluída, en concreto, no Centro Penal da Lama.
Solicitan a restitución dos 'vis a vis' para garantir a saúde das persoas presas e das súas familias. Piden medidas compensatorias, por todos os meses que levan privadas desde dereito sen recibir información específica do porqué desta medida.
Nesta mesma liña, estes colectivos esixen explicacións á dirección do Centro Penal da Lama ante o que consideran "faltas de responsabilidade colectiva ao carecer de persoal médico, medida que suplen co traslado ao servizo de Urxencias do Hospital, aínda que ás persoas presas négaselles esta medida de forma sistemática, poñendo en perigo a súa saúde".
Segundo entenden estas asociacións, os centros penais utilizan a situación derivada pola covid para recortar dereitos ao persoal interno. Estas familias denunciantes afirman que queren manter o anonimato porque, con cada feito denunciado, reciben represalias que afectan "tanto as persoas internas como a elas mesmas, cando acoden a realizar visitas ou a solicitar outros trámites".
Relacionadas:
-
Solicitan a vacinación simultánea de todo o persoal do cárcere da Lama
Por Oskar Viéitez |
-
Un interno da Lama trata de conseguir a liberdade apelando á covid-19 e a que ten VIH
Por Natalia Puga |
-
Catro traballadores, os primeiros positivos por covid-19 no persoal da Lama desde o inicio da pandemia
Por Natalia Puga |