Poio defende que esgotará "todas as vías e fórmulas" para que o Ateneo de Combarro manteña o seu uso público
Por Redacción
O Concello de Poio ten a intención da "todas as vías e fórmulas que estean ao noso alcance" para garantir que o inmoble da Casa do Ateneo de Comabrro manteña o seu uso público, tras o conflito aberto co que asegura ser o lexítimo propietario da vivenda.
Así llo explicaron representantes do goberno local a colectivos e agrupacións da parroquia de Combarro nunha reunión telemática mantida a última hora do venres.
Na mesma participaron o concelleiro de Patrimonio, Xulio Barreiro, a de Cultura, Raquel Rodríguez, e os portavoces dos grupos que forman o goberno municipal, Marga Caldas, Silvia Díaz e Gregorio Agís. Xunto a eles estiveron presentes membros do Ateneo Corredoira, Combrus, A Solaina, Asociación Veciñal e Recreativa de Combarro, Armadiña, Comunidade de Montes Rega dos Agros, Coro Virxe da Renda, AC Cuna da Moura e Asociación de Mulleres Airiños do Mar.
Tanto Barreiro como os seus compañeiros e compañeiras de goberno lembraron que o Plan Especial de Protección de Combarro define este equipamento exclusivamente como de uso sociocultural, función que tivo durante preto de medio século.
Os responsables do Concello de Poio valoraron como "positiva" a reunión, agradecendo a implicación e o interese mostrado polo tecido asociativo de Combarro para tentar buscar posibles solucións ao conflito.
Relacionadas:
-
A Deputación prepara a reforma e cesión ao Concello da Casa Barroca de Combarro como recurso turístico
Por Redacción |
-
O Concello quere demostrar a titularidade pública da casa barroca do Ateneo de Combarro
Por Redacción |
-
Unidade política en Poio para defender o uso público do Ateneo de Combarro
Por Redacción |
-
O "único herdeiro" de Florinda Salgueiro asegura ser o lexítimo propietario da casa do Ateneo
Por Oskar Viéitez |
-
O Plan Especial de Combarro só contempla un uso sociocultural para a Casa do Ateneo
Por Oskar Viéitez |
-
Convocan aos colectivos de Combarro para informar do cambio de titularidade catastral do Ateneo
Por Redacción | Creada e actualizada