Atropelada unha nena de 12 anos nun paso de peóns
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha nena de 12 anos resultou ferida con carácter leve á primeira hora da mañá tras ser atropelada nun paso de peóns da rúa Eduardo Pondal, nas inmediacións da estación de ferrocarril.
O sinistro produciuse ás 8.53 horas. Nun primeiro momento, acudiu ao lugar unha UVI móbil do 061 e, a continuación, alertou ao Centro de Atención de Emerxencias de Galicia-112 e á Policía Local e Protección Civil de Pontevedra.
Segundo informou a Policía Local, a nena foi trasladada por unha ambulancia ao Hospital Domínguez de Pontevedra. En principio, ingresou cun prognóstico leve de fractura do peroné da perna esquerda.