Ningún positivo en Caldas de Reis na primeira xornada de cribado
Por Redacción
Este xoves Caldas de Reis afrontaba a terceira xornada de cribado poboacional con test rápidos de antíxenos coa boa nova da chegada dos resultados do primeiro día das probas cun balance de cero positivos.
O alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, e o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Ramón Gómez, valoraron este xoves moi positivamente o desenvolvemento do proceso de cribado en Caldas e a funcionalidade das instalacións do novo edificio de usos múltiples municipal, que é onde se está a levar a cabo este proceso.
Desde o Concello destácase a gran colaboración cidadá, superando máis do 70% do milleiro de persoas convocadas cada día, unha das participacións máis altas nesta área territorial. As probas están destinadas á veciñanza de entre 30 e 64 anos co obxectivo de detectar o maior número posible de portadores asintomáticos e contribuír a unha redución da cifra de contaxios de COVID-19 nesta localidade.
O alcalde quixo agradecer publicamente o traballo do persoal do Sergas e a colaboración da veciñanza, e anima ás persoas convocadas ata o venres 12 de febreiro, o último día deste programa de cribado en Caldas de Reis, a que sigan asistindo a estas probas para colaborar na contención da pandemia.
A Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil seguen a prestar os seus servizos para facilitar o acceso ás instalacións municipais.
Relacionadas:
-
O cribado masivo de Caldas de Reis detecta un só positivo de covid-19
Por Redacción | Creada e actualizada
-
A presión da covid-19 alíviase con 2.027 casos activos e catorce hospitalizados menos
Por Alejandro Espiño |
-
Comeza o cribado en Caldas de Reis con test rápidos para detectar asintomáticos
Por Redacción |
-
Este martes comeza un cribado a 4.069 persoas na Escola Obradoiro de Caldas de Reis
Por Oskar Viéitez |
-
Sanidade fará un cribado en Caldas, que ten 68 casos activos, unha incidencia de 680
Por Redacción |