Satisfacción en Salcedo polos cambios no proxecto do centro social
Por Diego Espiño
A construción dun novo centro social en Salcedo segue adiante despois de que o consello parroquial, composto por diversas asociacións de Salcedo, aceptase os cambios propostos no proxecto.
Isto sucedeu nunha última reunión con responsables municipais na que só dúas das asociacións asistentes evitaron pronunciarse. Trátase da Banda de Música e a Plataforma Cidadá por Unha Casa de Cultura Digna, que antes preferiron consultar o asunto aos seus socios.
Dende o Concello, o concelleiro responsable da parroquia, Demetrio Gómez, mostrouse satisfeito do resultado da última reunión: "estou encantado, cobre todas as demandas que se plantexaron. Quero felicitar ao consello social polo esforzo, é algo que se pactou entre todos os entes da parroquia".
Este avance o supón un paso definitivo ao proxecto, que será rematado "en semanas" antes de sacalo a contratación e "empezar a traballar".
O concelleiro sen embargo evitou fixar prazos para o inicio dunhas obras que contan cun presuposto "entre os 500.000 e os 600.000 euros".
Relacionadas:
-
Ultiman o proxecto do Centro Social de Salcedo, o máis "ambicioso" xamáis construído en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
A plataforma 'Por unha Casa de Cultura Digna para Salcedo' buscará apoios entre as forzas vivas da cidade
Por Redacción |
-
O Concello e a Plataforma Cidadá de Salcedo liman asperezas, pero non chegan a acordo total
Por Natalia Puga |