Apelan ao 'pontevedresismo' de Rajoy para evitar o peche inminente do Laboratorio de Saúde Pública
Por Oskar Viéitez
Os traballadores do Laboratorio de Saúde Pública da Xunta en Pontevedra foron informados do "peche inminente" destas instalacións situadas no edificio administrativo de Campolongo.
Nun comunicado, a Dirección Xeral de Innovación e Saude Pública a ENAC (Entidade Nacional de Acreditación) o día 4/9/13, di textualmente "O novo servizo de laboratorio situado nas dependencias de Lugo está en obras para a súa ampliación e englobará o traballo de todos os laboratorios de Saúde Pública de Galicia".
Con esta comunicación os traballadores entendienden que o peche do laboratorio da nosa provincia é "inminente".
"Entérrase así o investimento realizado no ano 2009, nas instalacións de Pontevedra, valorada en 5 millóns de euros, mentres que se xera un gasto novo, para as obras de ampliación das dependencias de Lugo", trasladasn estes traballadores.
Confírmanse os temores expresados polo persoal do laboratorio ás autoridades locais e provinciais, aos representantes políticos e aos medios de comunicación.
"As mostras a analizar viaxarán dun extremo a outro de Galicia perdéndose proximidade e inmediatez no do control analítico do sector turístico e pesqueiro das nosas rías", aseguran. Estes cambios afectarán ao control de augas de praia, control de depuradoras de moluscos, determinación de metais pesados ( mercurio, cadmio...) en produtos da pesca, frescos e conxelados, en conserva, procedentes do mercado e de alertas alimentarias europeas e internacionais.
O persoal do laboratorio pontevedrés fai un chamamento ás autoridades locais e provinciais, en especial a aquelas ás que lle transmitiron persoalmente este problema: ao alcalde de Pontevedra, ao presidente a Deputación e ao vicepresidente do goberno autonómico.
"Tamén pedimos o apoio do presidente de Goberno Don Mariano Rajoy Brey como pontevedrés, para impedir o peche dun servizo tan importante para a nosa provincia", conclúen.
Relacionadas:
-
O laboratorio de Saúde Pública de Pontevedra botou o peche co traslado de 11 traballadores a Lugo
Por Oskar Viéitez |
-
Cores Tourís: "non está decidido o peche do Laboratorio de Saúde Pública"
Por Natalia Puga |
-
O Concello de Pontevedra pide á Xunta que reconsidere o peche do Laboratorio de Saúde Pública
Por Oskar Viéitez |