CCOO ve a man do PSOE detrás da prohibición da protesta de Ence diante do Ministerio de Transición Ecolóxica en Madrid
Por Redacción
Comisións Obreiras (CC.OO.) afirma que a man do Partido Socialista se atopa tras a prohibición da celebración da manifestación que convocaran con traballadores de Ence e empresas auxiliares para este venres 5 de marzo en Madrid.
Esta protesta ía celebrarse diante do Ministerio de Transición Ecolóxica e a petición presentouse o 27 de febreiro. Segundo o delegado do Goberno en Madrid José Manuel Franco Pardo, o motivo de non conceder a autorización está en que non se solicitou con dez días de antelación.
José Luis García Pedrosa, secretario de organización de CCOO en Pontevedra, considera que a Lei Orgánica 9/1983 recolle a posibilidade de celebracións de manifestacións cunha previsión de 24 horas no caso de que existan causas extraordinarias.
O delegado do Goberno entende que non se trata dunha causa extraordinaria malia que en Comisións Obreiras manteñen que a tramitación parlamentaria da Lei de Cambio Climático pode supoñer a destrución de máis de 5.000 postos de traballo, directos e indirectos, se provoca o peche da factoría de Lourizán.
García Pedrosa afirma que no sindicato son "conscientes de que ao PSOE lle molestan moito as mobilizacións que realizan en defensa dos postos de traballo de Ence, das empresas auxiliares, do sector forestal e do sector loxístico". Afirman que a celebración da manifestación non ía causar prexuízos á cidadanía madrileña porque non afectaba á circulación de vehículos nin de persoas.
Por este motivo, desde CCOO entenden que se trata dun "abuso de poder impropio dun partido político que se di defensor das liberdades democráticas". E consideran "intolerable" que se prohiba previamente esta manifestación "pacífica" cando se producen actos de violencia noutras protestas realizadas sen comunicación previa.
O secretario de organización critica ao goberno socialista dicindo que "este é o verdadeiro diálogo que ofrece o PSOE a quen con coherencia defendemos que non se destrúan máis de 5.000 postos de traballo". Alega que o PSOE tenta confundir e manipular á opinión pública.
O comunicado sindical finaliza anunciando que presentaron unha nova solicitude de manifestación para o venres 12 de marzo.
Relacionadas:
-
A sección sindical de CC.OO asegura que Ence é segura e insiste en modificar o artigo 18.4 da nova lei do Cambio Climático
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
O comité de empresa de Ence recoñece que a Xunta e a empresa "están a mirar cara outro lado" e pide implicación ao Goberno estatal
Por Redacción |
-
O delegado do Goberno reclama a ENCE un proxecto industrial de futuro e pide á Xunta que se implique
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Concello esixe a ENCE que aclare as "escandalosas" afirmacións de Colmenares sobre a súa seguridade
Por Alejandro Espiño |
-
Encontro entre o deputado socialista Guillermo Meijón e representantes empresariais para tratar o futuro de Ence
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
O PSOE esixe á Xunta a apertura dun expediente para comprobar o perigo de Ence, tras as palabras de Colmenares
Por Redacción |
-
Ence alega que o vídeo de Colmenares no que alerta da posibilidade dun "susto maiúsculo ambiental" é unha "gravación ilegal"
Por Redacción | Creada e actualizada