Un condutor que duplicaba a taxa de alcol permitida salta un control en Poio e obriga á Garda Civil a perseguilo
Por Redacción
Un control de alcol e drogas establecido pola Garda Civil o 5 de marzo na PO-308 ao seu paso por Poio saldouse coa detención dun veciño de Pontevedra de 37 anos que saltou o control e obrigou aos axentes a perseguilo ata lograr darlle o alto e comprobar que duplicaba a taxa máxima de alcol permitida.
Os feitos ocorreron cando unha patrulla do Destacamento de Tráfico de Pontevedra deu o alto a un vehículo e o seu condutor fixo caso omiso, acelerando a marcha co que un dos axentes tivo que apartarse para evitar ser arroiado.
A patrulla realizou un seguimento ao vehículo durante uns 6 quilómetros, en cuxo percorrido observaron como o condutor realiza unha condución temeraria con evidente risco para os demais usuarios da vía conseguindo finalmente que detivese a marcha.
Identificado o condutor, veciño de Pontevedra de 37 anos, tras realizar as probas de alcol e drogas deu positivo en alcol cunha taxa que supera o dobre da máxima permitida, polo que se procede á súa investigación polos delitos contra a seguridade viaria ao conducir de forma temeraria e baixo os efectos de bebidas alcohólicas, sendo instruídas dilixencias que serán remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Pontevedra.
De ser considerado culpable pola autoridade xudicial, pode enfrontarse a unha pena de prisión de 3 a 6 meses, multa de 6 a 12 meses ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días. En todo caso, leva aparellada a privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.
Relacionadas:
-
Interceptan un condutor sen carné e cun adhesivo falso da ITV
Por Redacción |
-
Tráfico controlará os desprazamentos con motos camufladas e axentes de paisano
Por Redacción |
-
Chalecos reflectores para protexer os peóns
Por Redacción |
-
Tráfico detén a un infractor reincidente que conducía sen carné e baixo os efectos do alcol
Por Redacción |