Desmantelan unha pequena plantación de 'maría' na terraza dun chalé de Dena
Por Redacción
Axentes da Garda Civil do posto de Sanxenxo imputaron ao veciño da parroquia de Dena, no Concello de Meaño, J.E.P.C., de 25 anos de idade, como presunto autor dun ilícito contra a saúde pública, tras serlle intervidas na terraza da súa vivenda catro plantas de cannabis de medidas que oscilan entre os 2 e 1,80 metros de altura, cun peso aproximado de 7 quilogramos.
Este operativo forma parte das actuacións que se veñen realizando para a erradicación do cultivo e venda de substancia estupefacientes.
O imputado deberá responder por este feito ante o Xulgado de Instrución número 4 de Cambados a onde foron remitidas as dilixencias instruídas, así como os efectos incautados.