Fernández Lores afirma que o recurso de Elnosa é un 'paripé' xa que a Xunta non ten intención de pechala
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, cualificou como un "paripé" ao recurso contencioso-administrativo presentado por Elnosa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) para evitar o seu peche o 7 de xaneiro de 2014.
O recurso responde ao ultimato dado pola Xunta en 2011 sobre a base do cumprimento dunha directiva europea sobre emisións que restrinxe a actividade industrial das cloreras que utilicen mercurio no seu proceso de produción.
"Eu non me creo nada diso, cando chegue o momento sacaranse da manga algunha cousa, esto (polo recurso ante TSXG) será unha formalidade diante aá Xunta para que chegado o momento onde dixo digo diga Diego", afirmou o alcalde.
Fernández Lores insistiu en que Elnosa "xa hai anos que debía ter marchado de aí e están a buscar xustificacións".
O alcalde denunciou a conivencia da Xunta como institución coa empresa "xa dende o bipartito"
Neste sentido o alcalde de Pontevedra denunciou a conivencia da Xunta como institución coa empresa "xa dende o bipartito, cando o conselleiro de Medio Ambiente (o socialista, Manuel 'Pachi' Vázquez) se inventou que se cambiaban o sistema de celas... o final, a lectura é que a Xunta quere manter a actividade industrial en Lourizán".
"Formalmente o recurso de Elnosa vai contra a decisión da Xunta, defende os seus intereses, pero xa buscarán unha saída. Fixérono sempre: Vai caducar a concesión e cámbiase a Lei de Costas, están buscando escusas", dixo Fernández Lores, "porque non hai decisión política da Xunta para pechar Ence e Elnosa, e digo da Xunta, porque agora está o Partido Popular pero antes estiveron outros", insistiu.
O alcalde capitalino repetiu os argumentos contrarios á presenza do complexo Ence - Elnosa, e denunciou "unha actitude de cara á galería porque saben que a cidadanía de Pontevedra non acepta esa situación, e dicir que están a favor da continuidade dá fábrica é un pouco duro". Así sinalou alcalde pontevedrés que se realmente tivesen outra intención "retiraría o decreto de supramunicipalidade, pero non o fixeron, nin por uns nin por outros", lamentou.
Relacionadas:
-
Agustín Hernández recoñece que "cambios na lexislación" abren a porta á continuidade de ENCE e de Elnosa
Por Redacción |
-
Os socialistas esixen á Xunta que non renove nin dea máis moratorias a Elnosa
Por Oskar Viéitez |
-
Elnosa presenta un recurso ante o TSXG para evitar abandonar Lourizán en 2014
Por Redacción |