Planchas de formigón, solución provisional para reabrir o paseo cuberto do Gafos
Por Alejandro Espiño
O paseo cuberto do río Gafos, en Campolongo, que está pechado desde o pasado 12 de marzo tras detectarse que está seriamente danado e corría o risco de colapsarse, poderá reabrirse ao tránsito peonil a curto prazo.
O goberno municipal estuda a mellor fórmula para garantir o paso dos peóns e, ao mesmo tempo, garantir a seguridade do paseo ata que estea listo o ambicioso proxecto para destapar o río e renaturalizar toda a súa contorna.
Así, os técnicos analizan a viabilidade de colocar unhas grandes planchas de formigón, que estarían soportadas sobre os extremos do paseo, como solución provisional para reforzar a estrutura e evitar a súa esborralle.
En todo caso, desde o Concello insisten en que a solución definitiva pasa por executar o proxecto de destapar o leito.
Demoler o teito da canle e deixar o río á vista nas súas condicións actuais está completamente descartado, segundo garante o edil de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, xa que provocaría numerosos problemas.
Relacionadas:
-
As sendas de acceso aos centros educativos de Campolongo estarán listas para o inicio do curso
Por Redacción |
-
Sendas de formigón e madeira para facilitar o acceso dos escolares de Campolongo
Por Redacción |
-
Vaipolorío amosa o seu "malestar" porque o Concello ten "medio esquecido" o ENIL do Gafos
Por Redacción |
-
O PP pide ao Concello que se deixe de "parches" e inicie xa a obra para destapar o Gafos
Por Redacción |
-
Peche indefinido do paseo do Gafos en Campolongo por risco de derrubamento
Por Manu Otero & Mónica Patxot |