Rouba lagostinos e licor nun supermercado e escapa en moto de xeito temerario por todo Portonovo
Por Redacción
A Policía Local de Sanxenxo detivo un home que, tras roubar nun supermercado da zona de Vinquiño, emprendeu unha fuxida polo municipio nun ciclomotor que non tiña nin seguro nin matrícula, ata que foi interceptado en Portonovo.
Os feitos producíronse a última tarde de onte, segundo informou a Policía Local.
A descrición do arrestado e do vehículo facilitou aos axentes localizalo en Portonovo. Tras darlle o alto policial, iniciou unha fuga polo centro urbano infrinxindo todo tipo de sinais, circulando en sentido contrario e poñendo en risco a peóns e vehículos.
Tras percorrer varias rúas, os axentes lograron detelo, a pesar á violencia e as ameazas que proferiu contra eles, poñéndolle as esposas.
No cacheo detectáronlle un quilogramo de lagostinos conxelados e unha botella de licor.
O arrestado, ademais, perdera o carné de conducir en 2013 por perda de puntos, e circulaba nunha motocicleta sen placas de matrícula nin seguro nin documentación.
O test de alcoholemia deu positivo con 0,39 miligramos de alcol por litro de sangue.
Cando os axentes inmobilizaron o ciclomotor, o home ameazou con prenderlle lume ao vehículo e enfrontouse de novo a eles, polo que ademais do delito de furto imputaráselle un delito de desobediencia e resistencia.