Cae do tellado dunha vivenda de Dorrón na que estaba traballando
Por Redacción
Un home resultou ferido nun accidente laboral que se produciu en Dorrón, despois de caerse do tellado da vivenda na que estaba a traballar.
O accidente produciuse pouco despois das dez da mañá no lugar do Castro, segundo informou o servizo municipal de Emerxencias de Sanxenxo.
Unha ambulancia do 061 estabilizou ao ferido no lugar e, a continuación, trasladárono á chaira da Casa da Cultura de Dorrón onde lle esperaba un helicóptero.
A vítima foi evacuada a un centro hospitalario para ser atendida das súas feridas.
Ao lugar do accidente acudiron tamén efectivos da Policía Local de Sanxenxo e da Garda Civil para investigar as causas polas que se produciu o accidente.