O Concello recibe 580 solicitudes de axuda para adquirir material informático dentro do Plan Supera
Por Redacción
A convocatoeria de axudas para adquirir material informático incluídas dentro do Plan Supera de reactivación económica impulsado polo Concello de Pontevedra está a contar cunha importante demanda.
Segundo confirma o goberno local, ata este xoves 29 de abril recibíronse 580 solicitudes de familias do municipio.
Debido a eles e para unha mellor organización, decidiuse habilitar un único teléfono para resolver dúbidas sobre estas axudas, o 986 804 321.
Por outra banda en caso de ser necesario acudir presencialmente, será obrigatorio solicitar unha cita previa a través de citaprevia.pontevedra.gal ou ben no teléfono automático 886 405 153 escollendo a opción Oficina Plan Supera 21.
As subvencións desta liña do Plan Supera 21 serán dun máximo de 400 euros por computador e de 2.000 euros por núcleo familiar.