Baixan as hospitalizacións na área sanitaria onde permanecen 474 casos activos
Por Redacción
A área sanitaria Pontevedra-O Sallnés mantén 26 pacientes covid ingresados en planta de hospitalización, con 15 persoas (-2) no Hospital Montecelo e outros 11 enfermos no Hospital do Salnés, ademais de 8 pacientes, un menos que na xornada do mércores, na Unidade de Coidados Críticos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
Ademais hai dez positivos menos que hai 24 horas na área sanitaria que se sitúa en 474 casos activos, dos que 440 casos covid mantéñense nos seus domicilios recuperándose da enfermidade.
Na última xornada realizáronse 1.084 probas PCR na área sanitaria nas que se detectaron 27 positivos e dous máis por outro tipo de test. O municipio de Pontevedra segundo os datos trasladados pola Consellería ao Concello da capital sitúase en 91 casos positivos, un menos que hai 24 horas.
Desde o inicio do plan de continxencia da pandemia curáronse 13.326 pacientes, 39 máis que na xornada do mércores. Faleceron por culpa do virus 173 persoas, ningunha delas durante este mes de maio.
DATOS EN GALICIA
A comunidade galega recolle este xoves 13, segundo os datos da Consellería de Sanidade, 2.954 casos activos, coa área de Vigo convertida na de maior incidencia con 859 casos, 29 menos que o mércores, seguida pola Coruña con 704, os mesmos que na xornada anterior, e pola de Pontevedra con 474 (-10) e Santiago con 423 (-9).
Rexistráronse 145 casos novos nas últimas 24 horas, un total de 78 contaxios diarios menos en relación aos notificados durante o mércores. Na última semana detectáronse 1.216 novos positivos.
En canto a persoas hospitalizadas rexístranse 148, tres menos, e na UCI mantéñense 40 pacientes, os mesmos que o día 12. En relación cos falecementos, nas últimas horas perdían a vida dúas novas vítimas con covid, que se rexistraban no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Trátase dun home de 75 anos e dunha muller de 90, ambos con patoloxías previas.
Nestes casos, a Consellería de Sanidade sinala que a información sobre a súa vacinación é confidencial e aclara que, a pesar de contar con covid, a causa da morte pode derivarse doutra patoloxía. Con estes dous novos decesos, en Galicia faleceron 2.397 desde o inicio da pandemia.
A incidencia acumulada nos últimos 14 días é de 90,21 por 100.000 habitantes (-3,1) e a 7 días sitúase en 45,07 (-3,0).
Relacionadas:
-
A área sanitaria mantense nunha fase de estabilidade con 14 novos positivos e dous hospitalizados menos
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Falece en Montecelo un home de 85 anos con coronavirus
Por Oskar Viéitez |
-
As restricións fronte á covid-19 aprobadas en Galicia tras o estado de alarma, avaladas polo TSXG
Por Natalia Puga |
-
Aumentan os casos activos e o número de pacientes hospitalizados na área sanitaria
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Cambados, único municipio da área sanitaria no nivel máximo de restricións
Por Alejandro Espiño |