Retiran a pasarela de formigón no río Gallo
Por Redacción
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, informou que este xoves foi retirada a vella pasarela que cruzaba o río Gallo a altura do balneario.
O Concello busca unha mellora para o entorno despois de constatar que esta era a mellor solución ante o estado de deterioro no que se atopaba.
Esta medida foi tomada baseándose na análise feita por un enxeñeiro e unha vez analizados os datos históricos e patrimoniais do entorno, dos materiais construtivos da pasarela e da súa integración no conxunto.
Manuel Campos explicou que esta decisión acordouse debido a falta de funcionalidade da vella pasarela e o maior custo que suporía a súa reparación. Ademáis a súa mera presenza perturbaba o valor patrimonial do entorno.
"Gáñase moito coa súa eliminación o que permite unha imaxe limpa onde se transmite unidade, homoxeneidade e destacan outros elementos de importante valor etnográfico como son os lavadoiros fluviais", destacou o alcalde.
Manuel Campos mostrou a súa satisfacción por seguir mellorando un entorno que goza de gran popularidade entre a veciñanza e os visitantes.