Marín recibe máis de 170 solicitudes para os campamentos de verán
Por Redacción
O Concello de Marín xa recibiu máis de 170 solicitudes para os campamentos municipais de conciliación que ofertan para os meses de verán dirixidos á rapazada de entre 3 e 12 anos. En total ofertan 250 prazas e o prazo remata o mércores da próxima semana segundo lembrou a concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín.
A inscrición poderá realizarse de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello de Marín, con certificado dixital, ou presencialmente, presentando a documentación requerida no Rexistro municipal con cita previa na sede electrónica do Concello ou chamando ao teléfono 986 88 03 00.
O prazo de presentación finalizará o 26 de maio e o listado de prazas sairá o venres 29. O precio será de 30 euros por neno ou nena e o máximo de solicitudes será de 5 por persoa.