Intensifícase a campaña de pesca conxelada no Porto de Marín coa descarga de 5 buques
Por Redacción
O Porto de Marín recibirá desde hoxe e durante os próximos días ata 5 buques de pesca conxelada con destino ás diferentes plantas frigoríficas do recinto.
Desde este venres está a operar no Peirao Oeste o barco Frio Marathon que deixa preto de 1.200 toneladas en porto. Para os próximos días, está prevista a chegada dos buques Monteferro e Montelourido que chegan procedentes de Montevideo, ademais do Procyon e Igueldo.
Segundo informa a Autoridade Portuaria, a pesca conxelada é unha das mercadorías estratéxicas para Marín xa que as empresas frigoríficas situadas na rada dedicadas fundamentalmente á recepción, almacenamento e procesado de pesca conxelada son un dos principais motores económicos para toda a comarca.
Gran parte das plantas frigoríficas do porto contan ademais con salas de elaborado de peixe, unha das actividades que máis empregos crean na zona.
O Porto de Marín dispón no seu conxunto dunha capacidade de almacenamento frigorífico duns 262.000 metros cúbicos concentrados nun único recinto.
Desde as plantas de frío do Porto de Marín expórtanse produtos elaborados aos principais mercados de Europa e algúns deles recibiron varios recoñecementos e galardóns por parte dos consumidores.
Relacionadas:
-
O Porto de Marín experimentou neste ano unha suba do 3% en volume de mercancías
Por Redacción |
-
A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra investirá 37 millóns de euros en catro anos
Por Redacción |
-
200.000 euros para renovar a cuberta da tendedeira de redes no Porto de Marín
Por Redacción |
-
Os barcos pesqueiros de Marín empregarán un modelo matemático para mellorar a rendibilidade económica
Por Redacción |