A Policía Local prevé atascos polas obras de Benito Corbal
Por Redacción
O próximo 8 de outubro, a partir das 7 horas da mañá, comezan as obras de reforma na rúa Benito Corbal o que provocará un operativo especial de tráfico.
Nos primeiros días, e especialmente o martes día 8, a Policía Local prevé complicacións de tráfico polo cambio de direccións, especialmente polo descoñecemento dos usuarios das medidas de tráfico.
A Policía Local de Pontevedra recomenda, na medida das posibilidades e de non ser imprescindible, evitar circular polas rúas citadas.
CAMBIOS DE DIRECCIÿN
O tráfico de entrada a rúa Benito Corbal, tramo de obras, será desviado pola rúa Blanco Porto.
- Invertese a rúa Cruz Gallastegui para acceder a Sagasta Peregrina ou Castelao dirección Cobian Roffignac.
- Inverte a rúa Castelao e Daniel de la Sota con saída cara a Cobian Roffignac.
- O acceso a Praza de Barcelos farase, dende Benito Corbal, pola rúa Vasco da Ponte.
CAMBIOS ESTACIONAMENTOS SERVIZOS
- Trasládase a parada de taxis de Benito Corbal á rúa Daniel de la Sota (marxe esquerdo no novo sentido de circulación, no marxe dereito reservase como zona de estacionamentos para servizos (toda clase de vehículos e cun tempo máximo de 15 minutos).
- O aparcamento de motos da rúa Daniel de la Sota trasládase a rúa Cobián Roffignac ao inicio da rúa.
- Permitirase o acceso aos garaxes na medida das posibilidades da obra e aos servizos no tramo de Benito Corbal afectados polas obras.
Relacionadas:
-
Benito Corbal xa está cortada ao tráfico para iniciar a súa peonalización
Por Diego Torrado |
-
O 8 de outubro, data prevista para o inicio das obras de peonalización de Benito Corbal
Por Alejandro Espiño |
-
A peonalización de Benito Corbal comezará na súa confluencia con Sagasta, fronte a Zara
Por Redacción |
-
Comezan os traballos previos á peonalización de Benito Corbal
Por Redacción |