Suspenden os actos centrais do Corpus para evitar aglomeracións e celebrarase en cada parroquia
Por Redacción
A pandemia da covid-19 variou a forma en que se celebrará o Corpus Christi en Pontevedra. Este ano, cada parroquia organiza esta festa de forma individual, evitando o efecto chamada que xeraría unha única misa ou unha soa procesión xeral como é habitual.
Deste xeito, resultará máis sinxelo que os actos previstos se axusten ás limitacións de ocupación, medidas de hixiene e distancia interpersoal establecidas pola normativa vixente.
Como consecuencia, non sairá a gran procesión co Santísimo Sacramento sobre trono, acompañado polas imaxes dos santos gremiais e os nenos e nenas de primeira comuñón, tal e como habitualmente discorría entre as parroquias de Santa María a Maior e San Bartolomé, polas estreitas rúas do centro histórico.
A nova programación empezará este xoves 3 de xuño coa adoración eucarística ás 20.30 horas no Bo Pastor de Monte Porreiro, seguida de procesión polo interior do templo parroquial.
Xa o sábado, 5 de xuño, na igrexa Virxe do Camiño teranse vésperas, eucaristía e adoración nocturna a partir das 19.30 horas.
O domingo día 6 realizaranse a maior parte das celebracións. En Santa María a Maior, as catro misas dominicais faranse con especial solemnidade (9.30, 11.00, 12.30 e 20.00 horas), para que os fieis póidanse distribuír holgadamente entre todas elas. Ademais, ao finalizar cada misa terase un acto eucarístico extraordinario; mentres que na praza Alonso de Fonseca confeccionarase unha alfombra floral sinxela en torno ao cruceiro.
Na igrexa Virxe do Camiño, o domingo as misas serán ás 9.45, 12.00 (neste caso, seguida de procesión polo atrio do templo), 13.00 e 20.00 horas.
No Bo Pastor de Monte Porreiro, a misa principal desenvolverase ás 11.00 horas, acabando coa bendición co Santísimo.
Na parroquia de San Bartolomé, sucederanse as misas en horario de 11.30, 12.30 e 20.30 horas.
En San José terase a misa solemne ás 12.30 horas, cantada pola soprano Aida López. Ao final, un grupo reducido de mozos de confirmación procesionará co Santísimo ao redor da igrexa, mentres os demais fieis poderán seguir os seus pasos en directo mediante streaming, proxectándose nunha pantalla no interior do templo e retransmitíndose polas súas redes sociais. O Santísimo quedará exposto ata as 19.00 horas, con quendas de vela para a súa adoración.
No caso de Salcedo e Bértola, haberá un acto eucarístico ao termo da misa parroquial.
En Santiago Peregrino do Burgo, a celebración do Corpus Christi esperará ao domingo seguinte, 13 de xuño, elaborándose unha alfombra floral e con procesión dentro da igrexa, ao termo da misa das 11.00 horas.