As oficinas municipais de turismo de Vilagarcía pechan a mellor tempada de verán dende 2006
Por Redacción
As oficinas municipais de turismo de Vilagarcía acaban de pechar a memoria de actividade da temporada de verán. Segundo as conclusións extraidas dos datos, o deste ano foi o mellor verán dende o ano 2006 no que a número de visitantes se refire. De feito, dos meses de xuño a setembro, o persoal das oficinas de información turística atenderon a 12.235 persoas.
O Concello de Vilagarcía dispón de dous puntos de información turística que operan todo o ano, o principal na Praza da Peixería e o outro no CIRA. Seguindo a tónica de todos os anos, a oficina da Peixería foi a que atendeu ao maior número de turistas debido a súa localización no centro urbano. Foron un total de 9.744 persoas as que se dirixiron a estas instalacións a requirir información, fronte ás 2.491 que o fixeron no centro de Interpretación da Ría de Arousa situado no Paseo Marítimo.
Outro dato apuntado polo persoal de turismo refírese as preferencias manifestadas polos turistas a través das súas consultas, xa que a maior parte das mesmas se referían aos recursos turísticos da cidade e as festas gastronómicas e eventos festivos en xeral. Tamén compre salientar o notable repunte que tiveron as peticións de información relativas ao turismo activo e de natureza, en concreto á roteiros de sendeirismo ou para bicicletas.
En canto ao perfil e cifras obtidos a través das enquisas realizadas nos puntos de información, pódese dicir que nos catro meses que compoñen a temporada turística de verán, máis da metade das persoas que visitaron Vilagarcía eran de orixe nacional (61,06%), seguidos dos galegos (26,08%) e de estranxeiros (12,86%).
A nivel nacional obsérvase que o 22,40% dos visitantes que se achegaron ao servizo de información turística procedían da Comunidade de Madrid, o 17,14% de Castela León e o 13,68% do País Vasco. De Andalucía achegouse o 8,30%, o 8,53% de Cataluña e da Comunidade Valenciana o 7,73%. En menores porcentaxes tamén se rexistro a presenza de turistas de Aragón, Asturias, Cantabria, Castela A Mancha, Extremadura, Illas Baleares, Illas Canarias, A Rioxa, Murcia e Navarra.
O 63,46% dos visitantes que se achegaron ao municipio dedicaron unicamente unha xornada a coñecer a cidade, considerándoa como punto de paso
En referencia a los turistas procedentes de Galicia pódese dicir que o 68,55% procedían de municipios da provincia de Pontevedra, mentres que o 21,10% eran persoas de localidades da Coruña. Da provincia de Ourense procedía o 5,13% e da de Lugo o 5,23% restante.
Respecto a os turistas estranxeiros, os que maior presenza tiveron este verán foron os portugueses (47,21%), seguidos dos franceses (15,78%). Como nota curiosa, salientar que de Polonia procedía o 7,47% dos visitantes que pasaron polas oficinas de turismo, mentres un 5,97% viñan de Gran Bretaña e un 4,68 % dende Alemania. En menores porcentaxes tamén se computaron turistas arxentinos, belgas americanos, irlandeses, italianos e venezolanos entre outras nacionalidades.
As enquisas tamén desvelan que o 63,46% dos visitantes que se achegaron ao municipio dedicaron unicamente unha xornada a coñecer a cidade, considerándoa como punto de paso.
SEGUNDA RESIDENCIA, CASAS DE ALQUILER Y TURISMO NÁUTICO
Non obstante, entre a porcentaxe de turistas que elixiron Vilagarcía como destino, o tipo de aloxamento escollido en maior proporción foi a casa de aluguer (10,66%), seguido dos establecementos hoteleiros de diversa índole (7,1%). O 6,85.% optou por aloxarse en casa de familiares ou amigos e o 7,77% tiña segunda residencia en Vilagarcía. O resto dos visitantes aloxáronse en cámping ou pernoctaron en barco ao terse rexistrado tamén unha afluencia cada vez maior de turistas náuticos que recalan as súas embarcacións de recreo no porto deportivo.
Con respecto ao transporte, extráese da sondaxe que o 61,97% dos turistas viaxaron en coche, o 26,79% en autobús e o 2,97% chegou a Galicia en avión. Destes últimos, o 2,01% aluga un coche para desprazarse pola zona.
O persoal das oficinas municipais de turismo apunta que durante a temporada de verán observaron que o 40,43% dos visitantes que se achegaron a Vilagarcía, repetían Vilagarcía como lugar de veraneo, mentres que 59,57% visitaban a cidade por vez primeira.
Relacionadas:
-
A Policía Local de Vilagarcía inicia medicións de terrazas e ruídos e o control de horarios nos bares
Por Redacción |
-
O Salnés da novos pasos para ser unha comarca plenamente accesible para o turista
Por Redacción |
-
Galicia recibe as súas 171 Bandeiras Azuis e avisa: "Queremos seguir acrecentando esa cifra"
Por Alejandro Espiño |