Doce estudantes con discapacidade examinaranse da Abau no colexio da ONCE
Por Oskar Viéitez
Un total de doce estudantes con diferentes discapacidades afrontarán desde este martes 8 de xuño e ata o xoves día 10 as probas de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU), nas instalacións do Centro de Recursos Educativos da ONCE de Pontevedra.
Tres dos estudantes son cegos ou teñen discapacidades visual severa. Para a súa preparación contaron co apoio dos mestres que forman parte dos Equipos Específicos de Atención Educativa que a ONCE, en colaboración coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia, pon a disposición deste alumnado con discapacidad visual durante toda a súa etapa de formación.
Coma sempre, desde este centro colaboran coa Comisión Interuniversitaria de Galicia para que esta proba para as personas con discapacidade non presente máis dificultades que as propias do seu contido académico e que o grupo de alumnos con necesidades de adaptación poidan tela solucionada sin que elo deba constituir unha inquidanza complementaria para eles.
Nesta ocasión, hai tamén un estudante en cadeira de rodas e outro que padece narcolepsia.
Os estudantes, procedentes de distintos lugares de Galicia, permanecerán aloxados nas instalacións deste centro en Pontevedra durante os días que duren as probas.
Debido á actual situación sanitaria, vanse a seguir estritas medidas de limpeza, ventilación e desinfección periódicas ademáis de estar a disposición tanto do alumnado como dos membros do tribunal examinador tódolos medios do centro para protexerse dun hipotético contaxio.
O acceso ás aulas de examen farase desde o exterior de modo individual e sen espazos intermedios de espera, conforme ás instruccións oficiais para este exame coa particularidade de que o número de examinandos será moi inferior ao que terán noutros centros. O examinando que precise asistencia, poderá realizar este percorrido acompañado.
Os espazos de exame serán de uso individual ou disporase dunha separación moi superior á recomendada polas autoridades sanitarias.