Condenan a prisión a dúas persoas que viaxaron a Cambados para comprar dous quilos de cocaína
Por Redacción
A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a catro anos e a oito anos de cárcere, respectivamente, a dúas persoas que viaxaron de Monforte a Cambados para adquirir cocaína destinada a un terceiro sospeitoso, quen foi sentenciado a catro anos de prisión.
Os maxistrados tiveron en conta nos dous casos nos que a pena imposta foi de catro anos a atenuante de grave adicción a substancias estupefacientes.
Ademais, a estes dous sospeitosos, impúxolles o pago dunha multa de 250.000 euros; e, ao que foi condenado a oito anos de prisión, de 400.000 euros.
No fallo xudicial recóllese que un dos procesados estaba en situación de liberdade condicionada condenado á pena de 7 anos de prisión por un delito contra a saúde pública e propúxolle ao seu colega que lle acompañase a Cambados a comprar a droga viaxando noutro vehículo que debía actuar como lanzadeira.
Estes individuos foron interceptados na estrada N-120, á entrada a Monforte, cando regresaban con substancia estupefaciente, que pesaba dous quilos e tiña unha riqueza dun 75,81%. O seu valor no mercado ilícito sería de 199.623 euros, segundo consta na sentenza.