Chegan os novos quioscos ás praias de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
O novo modelo de quiosco xa comezou a instalarse nas praias de Sanxenxo como Areas á que nos próximos días sumaranse o resto de areais con este servizo como Baltar, Pragueira, Paxariñas, Foxos, Canelas e Silgar. Estas dúas últimas foron adxudicadas este venres por Turismo de Sanxenxo a través dun proceso negociado sen publicidade.
En Silgar haberá 2 quioscos e en Canelas, 1. Xunto aos quioscos empezarán tamén a funcionar o servizo de tumbonas e hidropedais. Montalvo e Major están pendentes de entrega de documentación para a súa adxudicación.
Segundo o goberno local de Sanxenxo, as praias con este servizo contarán este ano cunhas instalacións "unificadas pola calidade", pero tamén polas gamas de cores que van desde os tostados, aos brancos e grises. Unhas cores que marcarán o mobiliario dos areais formados por tumbonas e antucas.
No caso de Silgar que este ano, debido a que a situación sanitaria é diferente, non contará coa delimitación por cuadrículas, pero entre cada conxunto de 2 tumbonas e unha antuca, deberá existir unha distancia para garantir unha distancia de seguridade. En total colocaranse 360 tumbonas e 180 antucas.
Relacionadas:
-
As oficinas de información turística Rías Baixas suman outros dez distintivos "Q de calidade"
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo priorizará a calidade e innovación fronte ao prezo na adxudicación dos quioscos de praia
Por Redacción |
-
Sanxenxo inviste cada ano 1,7 millóns de euros en reforzar os servizos da tempada alta
Por Redacción |
-
Novos deseños para os quioscos e as tumbonas da praia de Silgar
Por Redacción |