O director do Parque Nacional das Illas Atlánticas imparte un curso de Amicos en Pontevedra
Por Redacción
A Asociación Amicos ven de iniciar un Curso de Actividades de orientación e desenvolvemento do medio de maneira presencial en Pontevedra. Este venres contou coa presenza de José Antonio Fernández Bouzas, director do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
O director explicoulles curiosidades sobre o Parque, dándolles consellos de como tratar aos visitantes ou como conservar o medio ambiente nas illas para poder manter a riqueza deste paraíso natural.
Acompañárono Mercedes Pazos da Asociación Inserta Empleo de Fundación Once; Diana Cidrás, técnica de desenvolvemento de persoas na Asociación Amicos e a formadora do curso María Ángeles Miguéns.
Neste curso participan un total de dez persoas, maioritariamente da provincia de Pontevedra e tamén de Santiago de Compostela. A asistencia presencial está becada para o gasto de transporte.
A partir de este curso e en colaboración con esta entidade, crearanse postos de traballo no Parque, contribuíndo así á inclusión de persoas con discapacidade no mercado do turismo sostible. "Valorarase o número de contratacións en función das necesidades do Parque Nacional das Illa Atlánticas, pero seguramente que mínimo faranse dúas insercións nas próximas semanas", indicou o director, Jose Antonio Fernández.