Noite de 'farándula' no Gastroespazo do Mercado
Por Redacción
O Gastroespazo do Mercado de Abastos viviu este sábado unha xornada diferente e moi animada, grazas aos Vermús de Pinto e Maragota.
Neste espazo, ás 23.00 horas e en plena quenda de ceas para os locais gastronómicos que alí se atopan, representouse o espectáculo ' Farándula Incandescente', incluído dentro da programación do Orgullo 2021.
Os alí presentes gozaron dun show de interpretación, danza, striptease, acrobacias e transformismo.
A programación ideada ao redor do Día do Orgullo terá continuidade o vindeiro martes 29 de xuño (20.00 horas) cunha charla na Casa das Campás sobre o ‘Dereito á diversidade’, na que se falará sobre a protección legal en situacións de acoso e discriminación por orientación sexual.
Relacionadas:
-
O PP critica que "se está dejando morir" ao espazo gastronómico do Mercado e presenta un plan para dinamizalo
Por Oskar Viéitez |
-
Os xardíns de Pontevedra alzan a voz pola diversidade para celebrar o Orgullo
Por Redacción |
-
'Letras coloridas' en Pontevedra para apoiar á comunidade LGTBIQA ante o avance dos "discurso de odio"
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Unha semana de reivindicacións do Orgullo LGBTIQA+ en Pontevedra
Por Mónica Patxot & María José Pita |