O Consello Municipal da Muller celebra o seu 15 aniversario coa idea de integrar poboación masculina
Por Redacción
15 anos de existencia celebra este luns o Consello Municipal da Muller como organismo que loita pola igualdade real, a inclusión e contra a violencia de xénero. A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, presidía a sesión deste Consello que se desenvolvía no Salón de Plenos da Corporación.
Representantes do Centro de Información á Muller (CIM) de Marín, do departamento de Servizos Sociais, dos grupos que integran a corporación e das asociacións de mulleres ou con vogalía de muller acudían a esta cita na que se fixo balance das actividades que este Consello realiza desde que foi aprobado en Pleno no ano 2006.
Coa intención de dar visibilidade ao organismo, a intención é realizar unha exposición en diversos formatos con fotografías que se verán en puntos céntricos da vila como a Praza 8 de Marzo, o Palco da Música, a Praza da Capirota, o Museo Manuel Torres ou a Finca de Briz. Con esta proposta quérese ofrecer a través de material gráfico a evolución do Consello da Muller ao longo dos anos para coñecemento da cidadanía.
A proposta da concelleira é que este material se atope preparado para o inicio do curso académico para que tamén poida percorrer os centros educativos como actividade de formación dentro das iniciativas do 25 de novembro. A idea tamén se realizaría en formato dixital a través das redes sociais para achegarse á mocidade.
De fronte ao futuro, o Consello quere que exista unha maior participación entre diversos sectores sociais e por iso queren dar protagonismo aos centros educativos para que participen, do mesmo xeito que se quere integrar á poboación masculina para traballar de maneira común todos os temas relacionados coa igualdade.
A sesión tamén condenou os últimos asasinatos machistas que se rexistraron e a violencia vicaria que golpea á sociedade. Desde o Consello Municipal da Muller insisten na gravidade destes problemas e na necesidade de abordalos para erradicalos.
Relacionadas:
-
Marín volverá facer memoria para render homenaxe a Carmen Pesqueira, 'A Capirota'
Por Redacción |
-
O Consello Municipal da Muller comeza a deseñar as actividades para o 8M
Por Redacción |
-
O CIM de Marín lanza un programa para acabar coa fenda dixital de mulleres en situación de vulnerabilidade
Por Redacción |
-
A Xunta destina 1,6 millóns de euros a 50 concellos da provincia en axudas para a prevención da violencia de xénero
Por Redacción |
-
Marín reivindica que "o amor é diverso, libre e tolerante"
Por Redacción |
-
A "intolerable" violencia vicaria saca á rúa a políticos e institucións
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Zeivas e Espazo Feminista Marín piden o apoio das institucións contra a violencia machista
Por Redacción |