Apoios municipais á diversidade no Día Internacional do orgullo LGTBI+
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo a través do alcalde Telmo Marín e do concelleiro de Xuventude, Daniel Arousa, acompañados pola portonovesa Lucía Padín, representante do colectivo transexual do municipio colgaba a bandeira LGTBI no balcón do edificio municipal con motivo da conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBI.
Con esta acción quérese promover a visibilidade, a autoafirmación, a igualdade e a normalización dos dereitos en defensa da diversidade. Ademais, o parque do Espiñeiro acolleu unha acción de participantes do programa de Xuventude para nunha árbore colocar lazos multiculturais reclamando respecto a través de diversas mensaxes.
Ao longo deste curso académico, o Concello de Sanxenxo levou aos institutos un programa de diversidade afectivo sexual e tamén se promove a creación dun grupo de participación baseado na diversidade para traballar conxuntamente en políticas sociais de inclusión, sensibilización e respecto.
PONTE CALDELAS
Tamén en Ponte Caldelas iluminouse con cores da bandeira LGTBI a ponte sobre o río Verdugo e o balcón da Casa do Concello, que estrea tamén nova iluminación.
Nesta xornada, como xa é tradición, o banco multicolor situado xunto á escultura do pescador é utilizado para que a veciñanza fágase fotos e celebre esta conmemoración.