
© Xunta de Galicia
Oferta de máis de 1.100 prazas de Formación Profesional na comarca do Salnés

Por Redacción

© Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade anunciou que a comarca do Salnés ofrecerá un total de 1.113 prazas de formación profesional para o próximo curso académico pertencentes a 47 ciclos, a través das modalidades ordinaria, para adultos, programas formativos básicos e duais.
Luís López, delegado territorial da Xunta, acompañado polo xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, visitaba o IES Fermín Bouza Brey durante este mércores no Concello de Vilagarcía. Neste municipio a oferta de prazas ascende a 576 distribuídas entre 22 ciclos que se impartirán en cinco centros educativos.
A principal novidade para o próximo curso atópase na incorporación do ciclo de Informática de Oficina no IES Monte da Vila, no Concello do Grove, con 18 prazas en modalidade ordinaria.
A comarca do Salnés e O Ullán ofrecerá 28 ciclos ordinarios, catro presenciais para adultos e un a distancia, un programa formativo básico e tres duais que se impartirán nos cinco institutos de Vilagarcía e no Francisco Asorey, Ramón Cabanillas e Salesianso de Cambados; no Monte da Vila do Grove; o IGAFA da Illa de Arousa; o IES de Vilalonga de Sanxenxo e no instituto de Valga. Estoutros sete centros amplían a oferta de formación profesional a 537 prazas e 25 ciclos formativos para o curso 2021/22.
O prazo para presentar a solicitude de praza en todos os ciclos formativos finaliza o luns 5 de xullo e a Xunta establece a matrícula da primeira adxudicación para o alumnado admitido a partir do 20 de xullo.
Relacionadas:
-
A Xunta oferta 12 prazas para un curso de recolector de recursos con técnicas de mergullo
Por Redacción |
-
Compromiso da Xunta a garantir o transporte escolar ao alumnado trasladado ao IES Cotarelo Valledor
Por Redacción |
-
Pontevedra ofertará preto de 1.800 prazas de formación profesional para o curso 2021/2022
Por Redacción |