Ferida leve a condutora dun turismo que bateu cun farol e envorcou en Lourizán
Por Natalia Puga
Unha muller de 34 anos resultou ferida leve e tivo que ser trasladada ao Hospital Montecelo de Pontevedra tras sufrir un accidente nun accidente de tráfico en Lourizán.
O accidente produciuse sobre as 11.18 horas cando un vehículo Renault circulaba pola estrada vella de Marín en dirección Pontevedra-Lourizán e, por motivos que se descoñecen, se saíu da vía e bateu cun farol.
A consecuencia do impacto, o farol derrubouse e quedou tirado na calzada, invadindo unha parte do carril dereito. O coche envorcou e quedou durante máis de media hora apoiado sobre un lateral, en concreto, sobre o lado o condutor.
A condutora e única ocupante do turismo resultou ferida de carácter leve e puido saír polo seu propio pé do coche. Posteriormente, foi atendida por unha ambulancia asistencial do 061 no propio lugar do suceso e, segundo fontes de Urxenccias Médicas de Galicia, foi trasladada a Montecelo.
O accidente requiriu a actuación de varias patrullas da Garda Civil de Tráfico, que regularon a circulación polo lugar ata que o operario dun camión-guindastre logrou endereitar o coche e retiralo da calzada.
Varios veciños do ámbito trasladáronse ata o punto do accidente. A propietaria dun restaurante próximo relata que "estaba lavando los platos, sentí un golpe seco, pero nada más y luego ya me avisó un cliente de que había un coche volcado".
Os presentes especularon sobre a posible causa do accidente e, dende o seu punto de vista, podería descartarse un exceso de velocidade. Aseguran que "por lo que decían los testigos, el coche parece no iba rápido. Si fuese rápido, el golpe sería más fuerte" e que "la conductora decía que no sabe qué paso, no se dio cuenta". A Garda Civil elaborará un atestado para aclarar lo sucedido.