O PP pide reducir impostos a comercios afectados por atrasos en obras públicas
Por Alejandro Espiño
Para o Partido Popular os "continuos retrasos" que acumulan as obras que se están realizando na cidade son mostra da "desidia" do goberno municipal, que impide que estes traballos se fagan "en tempo e forma".
O portavoz do PP, Rafa Domínguez, asegura que "lo que no puede ser es que unas obras que iban a durar once meses doblen el tiempo de ejecución", como está a pasar en Loureiro Crespo ou que o paseo a Marín mantéñase pechado cando o primeiro tramo xa está executado.
Por iso, os populares entenden que o Concello debería reducir os impostos aos comerciantes que se vexan afectados por estes atrasos, polo menos durante o tempo que dure a demora na execución dos traballos.
"Si tuviésemos un alcalde que estuviese pendiente de las obras, un alcalde que trabajase, que estuviese en la calle, en contacto con los vecinos o que pudiese presionar a la empresa, no se consentirían estos retrasos que generan tanto perjuicio", sinalou Domínguez.
O líder do PP pontevedrés ironizou con que a reforma de Loureiro Crespo "ya parece la obra del Escorial" e cualificou de "absoluta vergüenza" o que ocorre co paseo a Marín, ao considerar unha "tomadura de pelo" que se anulara o proxecto para o segundo tramo.
A este respecto, Domínguez lamenta que o nivel de obras impulsadas polo goberno municipal sexa "muy bajo" e as que son responsabilidade do Estado estean "bajo mínimos". Entende que "si no fuese por la Xunta" as actuacións en Pontevedra "serían nulas".
Relacionadas:
-
O PSOE de Marín reclama axilidade nas axudas para os comercios máis afectados pola covid-19
Por Redacción |
-
Corte de tráfico por obras na rúa José Malvar por risco de afundimento na calzada
Por Redacción |
-
Atrasan a novembro a fin das obras de reforma de Loureiro Crespo e O Castañal
Por Alejandro Espiño |