Todas as praias de Sanxenxo con bandeira azul recuperan o servizo de socorrismo
Por Redacción
Todas as praias de Sanxenxo con bandeira azul volven ter servizo de salvamento tras máis de dúas semanas nas que un brote de covid-19 deixou o servizo mermado, pois chegou a afectar ao 27% do persoal e deixou sen traballadores Area de Agra, A Lapa, Areas Gordas e Nosa Señora da Lanzada.
Segundo informou o Concello de Sanxenxo, desde o martes, xa só quedaba A Lapa sen o servizo de socorristas e este venres tamén nesta praia se recuperou.
O brote de covid-19 provocou que non houbese socorristas suficientes para atender a todos os areais do municipio, de modo que se retirou e, por tanto, non se puideron izar as bandeiras azuis destes catro areais.
A elección destas praias sen servizo realizouse seguindo criterios estatísticos de afluencia e incidencias que se obtén cada tempada estival.
Este venres, Sanxenxo ten 410 casos activos de covid-19.