Apenas unhas horas para o empezo da Feira do Mel
Por Redacción
O Concello de Pontevedra anuncia que estase a ultimar a instalación das casetas participantes na Feira do Mel, na rúa Serra, que transcorre por diante do Mercado de Abastos.
Coincidindo coa Semana Grande da Peregrina, a Feira do Mel abrirá as súas portas dende este sábado 7 de agosto ata o domingo 15.
Para esta edición de 2021 contará con 7 postos de mel e 5 expositores de produtos de proximidade, como cervexas artesanais, aceites, xabóns ou xeles que levan mel entre os seus ingredientes.
O horario de apertura dos expositores será de 10:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas, agás os domingos e festivos que a feira abrirá ás 11 da mañá.
A concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, resaltaba a necesidade non só de manter a tradición desta feira nestas datas, senón de crear sinerxias co mercado, e impulsar os produtores de mel e de produtos de proximidade neste ano tan complicado.
A concelleira lembraba que a feira contará con todas as medidas sanitarias polo que convidou á cidadanía a achegarse a unha feira que xa é unha cita sinalada das festas do verán en Pontevedra.