Esixen desde o PP que o goberno de Poio anule as contas de Abanca se pecha a oficina de Campelo
Por Redacción
Ángel Moldes, portavoz do Partido Popular en Poio, trasladou durante a Xunta de Portavoces do Concello de Poio a preocupación e indignación da militancia do PP local e da veciñanza pola decisión de Abanca de pechar a partir de setembro a oficina de Campelo.
Os populares manifestaron o seu rexeitamento a esta decisión da entidade bancaria e anuncian que apoiarán calquera medida necesaria para impedila. Moldes ofreceuse a acompañar os representantes do goberno local de Poio nas negociacións para evitar o peche desta oficina.
No caso de que Abanca decida manter a súa postura, Moldes entende que o Concello debe anular todas as contas municipais abertas con esta entidade bancaria para trasladalas a outro banco. "Isto é unha traizón a Campelo e se Abanca non conta con estes veciños, o Concello tampouco pode contar con Abanca", afirmou.
A esta petición, tamén queren trasladar unha demanda da veciñanza de Raxó consistente na apertura dun caixeiro ao dispor dos usuarios nun espazo que, entenden, debe ofrecer o Concello. Segundo os populares, o Centro Cultural Xaime Illa podería converterse nese espazo.
Relacionadas:
-
"Vai realizar a Xunta algunha xestión para evitar o peche de Abanca en Campelo?", pregunta o PSOE
Por Redacción |
-
Prevén desde o Concello un encontro con colectivos de Campelo para abordar o peche da oficina de Abanca
Por Redacción |
-
O BNG de Marín pide ao Concello que boicotee a Abanca
Por Redacción |
-
Abanca anuncia que en setembro pechará a oficina de Campelo
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade retirará as súas contas de Abanca se o banco marcha de Carballedo
Por Redacción |