A Xunta reducirá os aforos da hostalería a partir do martes se a Xustiza veta o certificado covid

Por Oskar Viéitez
A Xunta de Galicia está á espera da resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e seguindo o seu criterio, os certificados covid deixan de ser esixibles para o control da transmisión nos interiores da hostalería e do lecer nocturno en función do nivel do concello.
Na súa ausencia, segundo informou a Consellería de Sanidade, preparáronse unha serie de medidas alternativas para seguir tratando de manter o control da transmisión, "que implican unha revisión dos aforos, previamente ampliados grazas ao uso do certificado".
En todo caso, "buscando non causar un mal maior nin ao sector nin sobre todo á poboación que coñecía e manexaba unhas normas que agora van cambiar", establécese un "tempo razoable" para a correcta difusión e coñecemento, que leva á entrada en vigor das novas normas ás 0.00 horas do martes, no caso de que o TSXG non ratificase o luns as medidas remitidas este venres.
Ditas normas consistirían no axuste de aforo no interior da hostalería do nivel máximo, pasando do 30% con certificado ao seu peche.
No caso do nivel alto pasaría dun aforo do 50 % con certificado ao 30 % sen certificado.
No caso do lecer nocturno, o aforo no interior dos niveis medio e medio baixo modificaríanse do 50 % con certificado ao 30 % sen certificado.
Estas medidas serán revisadas polo comité clínico na súa reunión do próximo mércores e axustadas, de ser o caso, para optimizar o control da transmisión.
Relacionadas:
-
O TSXG argumenta o seu rexeitamento ao certificado covid: non ven ecuánime "demonizar ao sector de servizos de hostalería"
Por Natalia Puga |
-
Este venres a hostalería nocturna emprende unha reactivación "psicolóxica máis que económica"
Por Redacción |
-
O Concello pide "sentidiño" á Xunta fronte ás medidas "incomprensibles" que adopta para frear a covid-19
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Gonzalo Caballero di que o "fracaso" da Xunta na xestión sanitaria "amosa que temos un goberno de chapuza"
Por Oskar Viéitez |
-
O TSXG denega a petición da Xunta de pedir o certificado covid na hostalería
Por Oskar Viéitez |
-
Feijóo defende que o uso do certificado covid "es bueno para el sector hostelero"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Xunta solicitará ao TSXG que ratifique o requisito do certificado covid nas zonas con restricións máis altas
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O TSXG suspende o uso do certificado COVID-19 na hostalería e o lecer nocturno
Por Oskar Viéitez |