O proxecto de reforma das rúas Olimpio Arca e Xoán Xesús González supera o medio millón de euros
Por Redacción
O Concello de Cuntis pretende a "recuperación, mellora, urbanización de espazos públicos" das rúas Olimpio Arca e Xoán Xesús González. O proxecto supón un investimento de máis de 578.418 euros que servirán para revitalizar está área mediante a mellora das súas infraestruturas.
O obxectivo do Goberno local é darlles un uso "plural, amable e fomentar a estancia e as mobilidades alternativas", na liña dos principios do Plan Ágora, establecidos pola Deputación de Pontevedra na "Rede de Concellos Ágora polo espazo público".
O proxecto pretende a mellora integral dun dos barrios que máis actividade ten en Cuntis, dado que nel se encontra situado o Centro de Saúde e o Auditorio municipal.
A medida pretende a renovación integral de todos os servizos desas rúas e a transformación das mesmas en plataforma única, implementación de elementos de sinalización e a renovación do parque infantil, ampliando as zonas de desfrute social.